Saltar ao contido

Filetas de Cos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFiletas de Cos
Biografía
Nacementoséculo IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Cos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortep. século IV a. C. Editar o valor en Wikidata
Cos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexicógrafo, epigramatista, poeta, escritor, lingüista, gramático Editar o valor en Wikidata
AlumnosZenódoto de Éfeso, Teócrito e Hermesianax (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiTelephos Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRealencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Filetas de Cos, nado en Cos c. -340 e finado c. -285[1], foi un poeta e filólogo grego, o primeiro da escola filolóxica alexandrina[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi escollido por Ptolomeo I como instrutor do seu fillo do mesmo nome, nado o -308. Compuxo elexías, breves poemas épicos e epigramas. Teócrito e Calímaco enxalzárono e tivéronlle en gran aprecio[3]. Tivo por discípulos a Zenódoto de Éfeso e a Hermesianacte de Colofón. Algúns atribúenlle algúns poemas con formas de obxectos, pero o certo é que foi un dos primeiros en aspirar á brevidade e á condensación. Como filólogo estudou a lingua de Homero e compuxo unha miscelánea que compilaba e explicaba expresións dialectais inusitadas, termos técnicos e arcaísmos empregados na Iliada e a Odisea que xa na súa época aparecían como inintelixíbeis. Estas Glosas foron o comezo da erudición crítica alexandrina, da escola filolóxica alexandrina, que tería continuación en Antímaco de Colofón, Zenódoto de Éfeso, Calímaco, Eratóstenes, Aristófanes de Bizancio e Aristarco de Samotracia.

  1. Spanoudakis Filetas, p. 23
  2. Spanoudakis Filetas, p. 24
  3. A.W. Bulloch La poesía helenística, p. 5

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]